Saturday 11 de May de 2024

O Barrio das Flores contarán cunha vintena de actividades para celebrar as súas festas


A orquestra Nueva Fuerza, o o Flores Rock e o Mercado das Flores serán as principais citas das festas do barrio

Salvador Pujades, veciño e impulsor do festival Flores Rock, será o encargado de dar o pregón

O Barrio das Flores celebrará este primeiro mes de setembro as súas festas populares cunha vintena de actividades culturais e deportivas para todos os públicos. Dende o venres 1 de setembro, e ata o domingo día 3, o barrio acollerá unha programación extensa e variada froito da colaboración entre o Concello da Coruña e a Plataforma Veciñal do Barrio das Flores para a celebración das festividades.

O programa comezará coa lectura do pregón que este ano correrá a cargo de SalvadorPujades, impulsor do festival Flores Rock. Pujades, coñecido no barrio como Salvatorre, provén dunha familia con tradición vinculada ás festividades nas Flores xa que seu pai foi un dos fundadores da primeira Comisión de Festas do Barrio. O pregón terá lugar as 20.00 horas na praza central do barrio, á que lle seguirán as actuacións de Pila (20.30 horas) e a orquestra Nueva Fuerza (23.45 horas). A programación musical completarase cunha sardiñada popular gratuíta así como coa celebración da velada de boxeo ‘Ludus Box’ ás 20.30 horas.

O sábado será o día do Flores Rock que este ano contará coas actuacións de Boikot e Def con Dos como cabezas de cartel. A eles sumaranse Demenzia Social, Sol Rain e Del Alma, dende as 20.00 horas e ata as 2.30 horas. Os grupos Crowed e Noxxo, que participaron na primeira batalla de bandas organizada polo Concello da Coruña en colaboración coa Plataforma Veciñal do Barrio das Flores, serán as encargadas de abrir a xornada ás 13.00 horas, amenizando o xantar popular da xornada rockeira. Esta complementarase con obradoiros para nenos e nenas no marco do Flores Kids. Está dispoñible en tres
modalidades segundo o tempo de estancia dos nenos e nenas nas actividades. As familias que o desexen poden facer chegar as incricións ao e-mail kids.floresrock@gmail.com ata o vindeiro xoves 31 de agosto.

O domingo a programación comeza ás 10.00 horas coa apertura do Mercado das Flores, que este ano contará con máis de 50 postos de artesanía e segunda man. Os gaiteiros acompañarán a apertura iniciando a última xornada das festas do barrio, á que lle seguirán a sesión de zumba e exhibición de capoeira. A partir das 13.00 horas comezará o III Concurso da Mellor Tortilla do Barrio, que contará coa actuación de Érick Lepeich, e continuará ás 14.00 horas coa Festa dos Callos amenizada polo Dúo Notas.
Xa pola tarde, a música encherá o Barrio das Flores coas actuacións de Los Juanpiños (16.00 horas), Ángel Montoya y la Gipsy Band (18.00 horas), Mohito (19.30 horas) e L-Stress (20.30 horas). Tamén haberá actividades infantís para os máis pequenos e pequenas así como unha carpa con pulpo e churrasco a prezos populares (a partir das 20.00 horas). A festa rematará coa Discomóvil Chocolate a partires das 22.00 horas, finalizando tres días de programación no barrio.